SOBRE A BANDA

A Banda de Música Ateneo de Negreira comeza a súa andaina no mes de Xullo no ano 1998, cando da man do director da Escola Municipal de Música, Vicente Martín Arastey, reúne o escaso número de alumnos para formar unha agrupación musical. 

Dende ese momento son moitas as actuacións a cargo da banda: concerto de inauguración das novas plantas da cooperativa de Feiraco ante o presidente da Xunta de Galicia, gravación para o programa internacional Galicia Enteira da TVG, As Pontes de García Rodríguez, Candeán, Santiago de Compostela, Cee, Corcubión, Corme, Vimianzo, etc… Participa en festivales en diversas localidades como Pontecesures, Lousame, Brión, etc, nas que a banda puido presentar un repertorio constituido por unha gran variedade de estilos musicais: música popular, bandas sonoras e incluso tivo a honra de estrenar obras de xóvenes compositores galegos. A actuación estrela prodúcese no ano 2001 cando a nosa agrupación foi invitada a participar no programa de festas locais dunha das bandas con máis fama de toda España: A Primitiva de Llíria.

Actualmente a Banda de Música Ateneo de Negreira conta cuns cincuenta e pico músicos, a maioría alumnos da escola municipal, e segue ofrecendo concertos, organizando encontros de bandas e levando a cabo outras actividades que fomenten a participación do pobo no entusiasmo dos nosos músicos: concertos en datas sinaladas como Nadal ou Santa Icía, audicións da clausura da escola de música, proxectos de concertos didácticos para o próximo curso, etc. A banda pertence á Federación Galega de Bandas de Música Populares e está acollida ao plan cultural da Diputación Provincial da Coruña. 

Ao longo destos dez anos contou coa colaboración de diferentes músicos e profesores do ámbito profesional. Trala direción de Vicente Martín, bombardino da Banda Municipal de Santiago, asume o cargo de director Pablo Mato Collazo, anterior profesor de frauta da nosa Escola Municipal. Fernando Rey Mallo, na actualidade profesor de trompeta do CMUS de Santiago de Compostela, estivo ao fronte da banda durante un ano tras o cal sucedeuno Simón Couceiro Rodríguez, clarinete da Banda Municipal de Santiago. A finais do ano 2004 e ata o día de hoxe, o posto de director ocupao Raúl Martín Niñerola. 

Nos últimos anos colaboraron coa Banda Ateneo de Negreira distintas agrupacións como son Ultreia OCT realizando conxuntamente coa banda un concerto de música tradicional. O grupo indie/folk Closer, que colaboraron coa Banda Ateneo no concerto "Unha tarde de rock". Unha das últimas colaboracións coa banda foi a do grupo Picoro de Noia, que xunto coa banda realizaron un dos concertos temáticos que realiza a Banda Ateneo de Negreira.

  • Facebook - Black Circle
  • YouTube - Black Circle
  • Instagram - Black Circle

o director

Raúl Martín Niñerola

O percusionista e compositor Raúl Martín Niñerola nace en Llíria (Valencia) o día 7 de marzo de 1983. É un músico formado inicialmente na Escola de Música do Ateneo Musical e de Enseñanza Banda Primitiva de Llíria, da cal forma parte como percusionista. Os seus estados profesionales levounos a cabo no Conservatorio Municipal de dita cidade, donde obtivo o título profesional de percusión. Posteriormente, realizou os seus estudos superiores en composición no Conservatorio Superior Manuel Murguía da Coruña, finalizándoos coas máis altas calificacións. Raúl é un músico polifacético que coida a súa formación continuamente, completándoa asistindo a diversos cursos de perfeccionamento e seminarios nacionais e internacionais, tanto no campo da percusión, con profesores como Miguel Bernat ou Enrique Llopis, etc, como con compositores de recoñecido prestixio como Antón García Abril, Tomás Marco, Zulema de la Cruz, Ferrer Ferrán, entre otros. Finalizou un curso de posgrado en composición co prestixioso compositor Leonardo Balada na Universidade Politécnica de Valencia. Así mesmo, estuda direción de orquesta e bandas con maestros como José Rafael Pascual Villaplana, Andrés Valero e Marcel Van Bree.

Raúl Martín mantén tamén unha intensa actividade como intérprete, e actuou baixo a batuta de presitixiosos directores de ámbito nacional e internacional como son Manuel Galduf Verdeguer, Rafael Frühbek de Burgos, Enrique García Asensio, Bernardo Adam Ferrero y Andrés Valero, entre outros.

  • Facebook - Black Circle
  • YouTube - Black Circle

máis información

RECOÑECEMENTOS:

· Galardón da Academia Tercer Milenio (2005), especialidade de percusión.

· Primer premio II Concurso Galego de Composición para Bandas (2009).

OBRA:

· A revolta Irmandiña, ganadora do Ier. Concurso de Composición de Bandas de Música de Galicia. Obra obligada na segunda sección do III Certamen Autonómico de Bandas de Música de Galicia.

· L’ermita de Santa Bàrbara para banda sinfónica, obra obrigada no Certamen de Bandas de la Comunidad Valenciana 2013.

· Pieza para joven orquesta, obra estrenada por la Orquesta Primitiva de LLíria baixo a dirección de Andrés Valero Castells.

· Chantada, obra composta por encargo para a Banda de Música de Chantada.

· Apocalipsis, para grupo de metais e percusión, estrenadas polo grupo de metais del Conservatorio Superior de A Coruña baixo a batuta de José Vicente Navarro,.

· La Tuba Verde, para tuba e banda obra obrigada no Concurso Internacional de Xóvenes Intérpretes “Ciutat de LLíria”.

·  Concertijo, para corno ingés e banda, estrenado pola Banda Municipal de Santiago de Compostela baixo aa dirección de Juan Miguel Romero Llopís e como corno solista Aitor LLimerá Galduf. 

Moi activo no campo pedagóxico, colaborou con algunhas das súas composicións a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na colección de composicións didácticas “Recursos musicais para conservatorios”. 

Actualmente exerce a docencia como profesor titular de análisis, historia e percusión no Centro de Estudos Musicals do grado Profesional do Colexio Manuel Peleteiro (Santiago de Compostela) e como director da Banda e da Escola Municipal de Música de Negreira. 

ORDE do 30 de outubro de 2018 pola que se autoriza a inclusión da Escuela de Música Municipal de Negreira no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2.

Esta escola queda sometida ao réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993 e aos servizos de inspección correspondentes.

©2018 por Banana Hammock. 

CONTACTO

escolamusicanegreira@gmail.com

 

HORARIO

Luns - venres

16:00h - 22:00h

DIRECCIÓN

C/Carreira de San Mauro, 11, Negreira, 15830

  • Google + - círculo blanco
  • Facebook - círculo blanco