ORDE do 30 de outubro de 2018 pola que se autoriza a inclusión da Escuela de Música Municipal de Negreira no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2.

Esta escola queda sometida ao réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993 e aos servizos de inspección correspondentes.

©2018 por Banana Hammock. 

CONTACTO

escolamusicanegreira@gmail.com

 

HORARIO

Luns - venres

16:00h - 22:00h

DIRECCIÓN

C/Carreira de San Mauro, 11, Negreira, 15830

  • Google + - círculo blanco
  • Facebook - círculo blanco
  • EMMN

5 razóns polas que deberías matricular ao teu fillo en música

O contacto cotiá coa música, é moito máis cunha actividade extra escolar calquera. Cursar desde moi pequeno esta faceta artística, ten moitos beneficios para o desenvolvemento intelectual en idades temperanas, como que os nenos de corta idade que cursan música, obteñen respostas cerebrais máis sofisticades e unha linguaxe máis desenvolvida que outros nenos da mesma idade que non tiveron esa formación.



Estos son os principais beneficios dos estudos musicais e de tocar en grupo


1. Reforzar a atención e a concentración: a música estimula áreas do cerebro que non se poden exercitar doutra maneira, polo que aquelas persoas que tiveron unha formación musical, teñen unhas capacidades de concentración e atención nos detalles moi superior á media, e a maiores, unha constancia e disciplina que aplican no seu día a día.


2. Incremento da memoria e da creatividade: para estudar música debes combinar tres aspectos: a memoria visual, a memoria muscular e a auditiva. Este adestramento diario axuda a ampliar a memoria, permitindo fixar os recordos, tanto recentes como antigos. Ademais, estudar música potencia a creatividade e a axilidade mental.


3. Desenvolvemento das habilidades motoras e rítmicas: cando o neno comeza a tocar un instrumento, as rutinas de exercicios que debe aplicar no seu día a día, axudan a interiorizar e desenvolver unha capacidade de coordinación imposible de adquirir doutra maneira.


4. Aumento da seguridade nun mesmo e da facilidade para socializar: a práctica musical axuda a incrementar a auto confianza e contribúe na solución dos problemas de falta de auto estima dos nenos durante a adolescencia. Practicar música con outras persoas, xa sexa en ensaios ou en concertos, reforzan a seguridade do rapaz en si mesmo que deberá superar distintas situacións respaldado polos seus compañeiros. Isto vémolo na nosa banda, onde os rapaces máis novos anímanse uns a outros con pasaxes complicadas e momentos solistas, creando un ambiente de traballo amigable e no que os rapaces buscan a auto superación continua.


5. Reduce o estres: cada vez máis profesionais da mediciña recomendan escoitar música a aquelas persoas que sofren de estres ou de ansiedade, xa que está demostrado que axuda a xerar endorfinas, a hormona da felicidade.


Na Esmus de Negreira queremos que os rapaces aprendan música desde moi pequenos, para axudarlles a desenvolver ao máximo as súas capacidades intelectuais, neses anos nos que absorben moita información. Por iso, as clases de música e movemento son as ideais para os máis pequeniños, mentres que a medida que van medrando, a formación vaise volvendo máis complexa acorde ao seu nivel de intelecto.

Cando o rapaz xa adquire unha técnica apta para defender con certa destreza os papeis que teña que interpretar, sempre recomendamos que forme parte da nosa banda, onde non soamente aprenderá a tocar en grupo escoitando distintos instrumentos musicais á vez que está a tocar, senón que tamén fará moitos amigos cos que descubrirá novos instrumentos e novas maneiras de facer música.

130 vistas