• EMMN

Adeus 2019!

A poucos días de rematar o ano, non podemos facer outra cousa que botar unha ollada ao que foi este incríble ano para nós. Non solo na escola de música, onde por primeira vez se agotaron as prazas do alumnado reunindo uns 120 alumnos para o curso 2019/2020. Este ano tamén se acolleu o I Curso de Composición impartido por Andrés Valero Castells e o I Curso de Dirección a mans do mestre José Alcácer, ambos finalizados con moito éxito.

Pola parte da escola, foi un ano de moitas novidades, de novas incorporacións e novas modalidades, como a oferta da materia de acordeón. Por iso os alumnos e os profesores queremos despedirnos de todos vos na nosa audición de Nadal este venres 20 ás 18:30h no auditorio do Centro Sociocultural!

Como é habitual, cando os nenos da escola van adquirindo certo nivel pasan a formar parte da Banda de Música Ateneo de Negreira, que neste ano 2019 experimentou un crecemento a destacar. Comezando o ano cuns 30/35 músicos na plantilla, despediuse deste ano no pasado concerto de Santa Icía reunindo 50 músicos no escenario, e sen estar todos!



Nos 20 anos de traxectoria nunca viramos unha banda tan completa, tan unida e con tantas ganas de que chegue o 2020 con todas os grandes concertos que xa están pechados e os que quedan por organizar!

Paula, Martín, Darío, Rodrigo, David, Mariña, Laura, etc… son só algunhas das novas incorporacións deste ano cos que estamos máis que contentos e desexando seguir compartindo concertos e experiencias. Pero a pesar de este considerable aumento de músicos, as nosas portas seguen abertas para quen queira formar parte desta pequena familia musical nicrariense!

Para o próximo 2020 só podemos esperar que todo saia igual de ben que neste ano que deixamos atrás, que o panorama musical de Negreira siga en ascenso e que… veña música!! 🎹🎶

Bo Nadal en nome da Escola Municipal de Música de Negreira e da Banda de Música Ateneo de Negreira!🎅🎄

69 vistas

ORDE do 30 de outubro de 2018 pola que se autoriza a inclusión da Escuela de Música Municipal de Negreira no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2.

Esta escola queda sometida ao réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993 e aos servizos de inspección correspondentes.

©2018 por Banana Hammock. 

CONTACTO

escolamusicanegreira@gmail.com

 

HORARIO

Luns - venres

16:00h - 22:00h

DIRECCIÓN

C/Carreira de San Mauro, 11, Negreira, 15830

  • Google + - círculo blanco
  • Facebook - círculo blanco