• EMMN

Aprender música de adulto

Moita xente pensa que as habilidades para ser músico deben conseguirse cando se é neno ou a unha idade moi temprana. Sen embargo, existe o pensamento contrario que recalca que non hai ningún tipo de limitación para aprender de maiores, que se trata máis ben dunha cuestión de motivación, práctica e sobre todo, moita constancia.

Ante a pregunta de se un neno aprende máis rápido que un adulto, existe unha resposta ambigua na que entran determinados factores, como que un neno adquire os coñecementos dunha forma casi intuitiva, mentres que un adulto asimila as cousas dunha maneira distinta.

Un adulto posúe uns métodos de estudo máis desenvoltos e unha motivación superior que se pode traducir nun proceso máis rápido e efectivo que o dun neno.

Entón… ¿De onde sae a crenza de que os adultos aprenden máis despacio?

Pois nace das múltiples veces nas que o adulto deixa de lado o proceso de aprendizaxe, alterado por factores externos como as responsabilidades diarias, compaxinar un traballo co estudo, etc, preocupacións que un neno de curta idade non ten.



5 consellos para aprender música de adulto


1. Escolle o instrumento que sempre che gustou: independentemente de que sexa máis fácil ou difícil de tocar, se un instrumento che gusta desde sempre, serache moito máis doado estudar e levar unha rutina diaria.


2. Empeza despacio: que o feito de ter máis idade da que se ten cando se comeza no conservatorio non che agobie. Estuda con ritmo tranquilo pero sen pausa para conseguir interiorizar dunha maneira correcta todo o que vaias aprendendo.


3. Estuda a teoría musical: algúns músicos autodidactas consideran que aprender teoría musical e solfexo é algo opcional. Spoiler, non o é. Cantos máis coñecementos teórico teñas sobre a música, mellor entenderás ó teu instrumento e mellor te poderás comunicar con outros músicos.


4. Practica de maneira regular: asistir a clase de música non é suficiente para aprender a tocar un instrumento. Se realmente queres progresar e empezar a tocar as túas pezas favoritas, é necesario que dediques tempo na casa a repasar e practicar o aprendido na clase. Para iso, o mellor é que establezas unha rutina programada en base ao teu tempo libre semanal.


5. Mantén a mente aberta: na música, ter a mente aberta ofrecerache un mundo de posibilidades tanto para tocar como para escoitar. Cada persoa ten un estilo musical preferido, pero nunca lle peches a porta a novos xéneros e novas propostas musicais. ¡Nunca saberás cando o teu xénero favorito cambiará por completo!


Se xa che convencimos para que te quites a espiña de saber tocar un instrumento… Recorda que na nosa escola temos un itinerario de música para adultos, no que aprenderás todos os segredos da música e no que che axudaremos a que fagas realidade o teu sono de tocar ese instrumento que tanto che gusta. ¡Non o dubides! ¡Contacta con nós!


0 vistas

ORDE do 30 de outubro de 2018 pola que se autoriza a inclusión da Escuela de Música Municipal de Negreira no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2.

Esta escola queda sometida ao réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993 e aos servizos de inspección correspondentes.

©2018 por Banana Hammock. 

CONTACTO

escolamusicanegreira@gmail.com

 

HORARIO

Luns - venres

16:00h - 22:00h

DIRECCIÓN

C/Carreira de San Mauro, 11, Negreira, 15830

  • Google + - círculo blanco
  • Facebook - círculo blanco