• EMMN

Así foi o festival de bandas de negreira 2019

Como cada ano polas festas de Santa Margarida, chega o esperado Festival de Bandas da vila de Negreira. Neste ano 2019, subíronse ao escenario da Praza do Concello a Banda de Música de Chantada, a Banda de Música Eduardo Pondal de Ponteceso e a Banda de Música Ateneo de Negreira.


Os de Lugo apostaron por un repertorio baseado en pezas como o pasodobre Música y Vinos ou o poema sinfónico El Racó de l'Or. Dirixidos por José Manuel Mosquera, esta banda fundada polos compositores da famosa Muiñeira de Chantada, foron os encargados de abrir o festival.


Desde a Costa da Morte, chegou a Banda de Música Eduardo Pondal de Ponteceso, que dirixida por

Jesús Méndez Torrado, conseguiu animar ao público nun sinfín de palmadas a tempo ao son de pezas como Lela ou Enxebrada Galegal.




Chega o turno da nosa banda, A Banda Ateneo de Negreira que sube ao escenario con máis variedade de instrumentos ca nunca, tendo entre os seus músicos, por primeira vez na súa historia, instrumentos como o oboe e o fagot. Abre o seu concerto co pasodoble Enrique López do compositor rianxeiro Antón Alcalde, baixo a batuta do director valenciano, Raúl Martín Niñerola. Tras interpretar as obras Chimo e Cordillera de los Andes, pon punto e final a súa intervención coa obra La Conga del Fuego na que o trompeta benxamín da banda, Marco García (11 anos) sorprendeu ao público nicrariense coa calidade das súas pasaxes solísticas de gran dificultade para a curta idade do músico.


O Festival remata ao son da muiñeira Namoriqueira e coa entrega duns agasallos por parte do alcalde, Ángel Leis e o director da Ateneo, aos directores das bandas participantes nesta nova edición do Festival de Bandas de Música de Negreira.


128 vistas

ORDE do 30 de outubro de 2018 pola que se autoriza a inclusión da Escuela de Música Municipal de Negreira no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2.

Esta escola queda sometida ao réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993 e aos servizos de inspección correspondentes.

©2018 por Banana Hammock. 

CONTACTO

escolamusicanegreira@gmail.com

 

HORARIO

Luns - venres

16:00h - 22:00h

DIRECCIÓN

C/Carreira de San Mauro, 11, Negreira, 15830

  • Google + - círculo blanco
  • Facebook - círculo blanco