• EMMN

Chega a Audición de Nadal 2019


O próximo venres 20 ás 18:30 h, o auditorio do centro sociocultural de Negreira acollerá aos alumnos da Escola Municipal de Música para dar lugar á súa audición anual de Nadal. Nesta audición, os alumnos tocarán para o público pezas que aprenderon no primeiro trimestre do curso escolar 2019/ 2020, algunhas delas con temática navideña.


Así pois, como primicia, o venres 20 escoitaremos por primeira vez aos alumnos de acordeón do profesor Martín Pérez, unha das modalidades musicais que se imparten por primeira vez este ano.


A maiores, poderemos ver, como é habitual a participación dos alumnos de música e movemento, coro, saxofón, frauta traveseira, clarinete, percusión, trompeta e demais vento metal, violín ou guitarra entre outros.


As audicións da Escola de Música de Negreira demostran cada ano a potente canteira de músicos que hai na nosa vila que en canto conseguen acadar certo grao de madurez musical, pasan a formar parte da Banda de Música Ateneo de Negreira, que neste ano 2019 amosou un crecemento considerable ampliando notablemente o seu número de integrantes. Isto, sumado a cantidade de alumnado que se matriculou neste curso na Escola de Música, acabando con todas as prazas dispoñibles, é só unha imaxe da boa acollida que ten a música entre os nicrarienses e as ganas que teñen as novas xeracións de formarse neste campo artístico.


Así que… Xa sabedes!

Agardámosvos a todos o venres 20 ás 18:30 h para escoitar aos novos músicos de Negreira!

Non volo perdades!

14 vistas

ORDE do 30 de outubro de 2018 pola que se autoriza a inclusión da Escuela de Música Municipal de Negreira no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2.

Esta escola queda sometida ao réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993 e aos servizos de inspección correspondentes.

©2018 por Banana Hammock. 

CONTACTO

escolamusicanegreira@gmail.com

 

HORARIO

Luns - venres

16:00h - 22:00h

DIRECCIÓN

C/Carreira de San Mauro, 11, Negreira, 15830

  • Google + - círculo blanco
  • Facebook - círculo blanco