ORDE do 30 de outubro de 2018 pola que se autoriza a inclusión da Escuela de Música Municipal de Negreira no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2.

Esta escola queda sometida ao réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993 e aos servizos de inspección correspondentes.

©2018 por Banana Hammock. 

CONTACTO

escolamusicanegreira@gmail.com

 

HORARIO

Luns - venres

16:00h - 22:00h

DIRECCIÓN

C/Carreira de San Mauro, 11, Negreira, 15830

  • Google + - círculo blanco
  • Facebook - círculo blanco
  • EMMN

Chega o I Curso de Dirección da EMMN

¡O I Curso de Dirección impartido na Escola de Música de Negreira xa está aquí! Levarase a cabo os días 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro na Casa da Cultura de Negreira, a cargo de José Alcácer (Riba-Roja, 1977).

Alcácer cursou estudos de clarinete no Conservatorio Superior de Música de Valencia, alcanzando o título de profesor superior de música na especialidade mencionada. Ampliou os seus estudos de Pedagoxía Musical co mestre Jos Wuytak. Aos seus estudos do conservatorio, súmalle o Máster en Interpretación e Investigación Musical pola Universidade Internacional de Valencia, e o grado en Psicoloxía que estudaba simultaneamente na UNED.


Cursou estudos de Dirección con Eugene Corporon (University of North Texas), José R. Pacual Vilaplana, Lorenzo Della Fonte (Conservatorio de Udine, Italia) e Jose Mª Cervera Collado. Tamén cursou estudos de Composición con Franco Cesarini (Conservatorio de Lugano, Suíza).

Alcácer completou a súa formación en Neurocoaching na International Neurocoaching Association. Como director invitado, dirixiu en Italia, Holanda, Austria e EEUU.


Foi presidente e membro de xurados en concursos de bandas a nivel internacional. Desde o ano 2011, é director do Conservatorio Profesional de Música da Cidade de Moncada, onde imparte as especializades de clarinete, música de cámara e orquestra. É co fundador das Ars Chamber Orchestra e o Ensemble Stravinsky. A maiores, é director da Banda Sinfónica do Trentino da Federación de Cuerpos Bandísticos da provincia de Trento en Italia desde o 2017. É membro da Wasbe (World Association for Symphoic Bands and Ensembles).


O curso de dirección tocará temas como o coñecemento práctico da técnica de dirección aplicada, o NeuroCoaching musical e como xestionar unha banda, traballar as obras elixidas para o curso, repasar conceptos de análise e de instrumentación aplicada á dirección e as emocións como parte da dirección.

O curso estará estruturado da seguinte maneira:


VIERNES 29 DE NOVEMBRO

17:00-17:30 -> Benvida dos alumnos

17:30-18:00 -> Presentación do curso

18:00-20:00 -> Clase teórica

20:00-22:00 -> Ensaio coa banda


SÁBADO 30 DE NOVEMBRO

10:00-11:30 -> Clase teórica

11:30-12:00 -> Descanso

12:00-14:00 -> Clase teórica

16:00-19:00 -> Ensaio coa banda

19:00-20:00 -> Clase teórica

DOMINGO 1 DE DECEMBRO

10:00-11:30 -> Clase teórica

11:30-12:00 -> Descanso

12:00-14:00 -> Clase teórica

17:00-18:30 -> Ensaio coa banda

20:00 -> CONCERTO


Para inscribirse no curso deberás facelo desde a nosa páxina web e corre, ¡as prazas están voando! 🏃‍♂

43 vistas