• EMMN

Falamos con Andrés Valero Castells

Fai un par de semanas, a Escola Municipal de Música de Negreira tivo a gran honra de acoller nas súas aulas ao mestre Andrés Valero Castells. Este músico, compositor e director valenciano, compartiu durante dous días os seus amplos coñecementos do mundo da composición cos alumnos que tiveron o pracer de asistir ás súas clases.

Valero, que volveu para a súa terra cun recordo moi positivo do seu paso por Negreira, concedeunos unha pequena entrevista para o blog da nosa escola na que podemos afondar un pouco na súa carreira e a súa experiencia.


Cal é a túa opinión sobre a labor que levan a cabo as escolas de música e as bandas populares?

Son algo imprescindible. Complementan o texido educativo da sociedade, porque os conservatorios non poden cubrir toda a demanda de músicos que existe, vertebrando o aspecto educativo e cultural de moitos lugares.


Se tiveras que elexir unha das túas sinfonías, con cal te quedarías?

Pois cada unha ten o a súa parte que a fai especial. A terceira (Epidemia Silenciosa, para orquestra) é a máis íntima e persoal, quedaríame con ela. Aínda que as máis difundidas son a 1ª e a 2ª (La Vall de la Murta y Teogónica). La 4ª y 5ª (Sinfonía de Playa y Sinfonía en Do) son dúas obras íntimamente relacionadas coa Banda Primitiva de Llíria, unha institución á que lle teño moito cariño desde que traballei para ela. E a 6ª (Grafítica) acaba de nacer, pero espero que teña unha longa e fructífera vida.



Con que tipo de estética musical te identificas máis?

Gústame a liberdade creativa e emplear en cada momento os recursos e técnicas que necesito. Non me gusta encasillarme, o eclecticismo é unha característica na miña produción.


Cales son os compositores que máis influiron na túa música?

Hai moitos de distintas fontes, na tradición Bach, Beethoven, Mahler… no século XX Stravinsky, Ligeti, Xenakis, Steve Reich… pero tamén me sinto influenciado por músicos de rock.


Que opinas do nivel das bandas de Galiza?

Galiza é unha potencia increíble, xa é unha realidade, xunto coa Comunidade Valenciana son os dous lugares onde máis e mellor se cultiva o noso xénero.


Na túa faceta como director, prefires poñer no atril transcripcións de orquesta ou música orixinal de banda?

Se teño que elexir… prefiro obras orixinais, pero a cuestión está en buscar un equilibrio.

49 vistas

ORDE do 30 de outubro de 2018 pola que se autoriza a inclusión da Escuela de Música Municipal de Negreira no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2.

Esta escola queda sometida ao réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993 e aos servizos de inspección correspondentes.

©2018 por Banana Hammock. 

CONTACTO

escolamusicanegreira@gmail.com

 

HORARIO

Luns - venres

16:00h - 22:00h

DIRECCIÓN

C/Carreira de San Mauro, 11, Negreira, 15830

  • Google + - círculo blanco
  • Facebook - círculo blanco