• EMMN

Os mellores concertos “Made in Galicia” para ver na corentena

Sabémolo. Xa fixeches magdalenas, te volveches vexetariano, volveches ser carnívoro, limpaches a casa a proba de algodón e fixeches máis exercicio que en toda a túa vida. E aínda así non sabes onde meterte para que se che pasen as horas do día na casa.


Tranquilo. Nós estamos igual! Por iso, hoxe traémosvos unha serie de concertos interpretados por agrupacións galegas que non te podes perder.


Sí, xa sabemos que temos unha orquestra sinfónica e unha filharmonía estupendas, pero os máis novos tampouco están nada mal… Seguramente vexades caras coñecidas nesta interpretación de “Cadros dunha exposición” de Músorgski.



ou no famoso “Lago dos cisnes” de hai uns cantos anos na famosa Praza de María Pita:


A petición da sección de varas da nosa banda, temos que recomendar a Sinfonía nº3 de Mahler interpretada pola Orquestra Sinfónica de Galicia.



E se falamos de música en Galicia… Obviamente non podemos deixar as bandas atrás! Por iso deixamos a interpretación da Unión Musical de Valladares da obra "Extreme Make Over" de Johan de Meij. A Banda de Música Unión Musical de Valladares foi fundada no ano 1902 por un grupo de 16 afeccionados, que pouco a pouco a foron impulsando e renovando, non deixando que en ningún momento desaparecera. Esta agrupación conta con múltiples premios entre os que destacan os máis recentes:

· PRIMEIRO PREMIO no 124 Certame Internacional de Bandas de Música "Ciudad de Valencia" sección primeira, no ano 2010.

· PRIMEIRO PREMIO no XI Certame Provincial de Bandas de Música Deputación de Pontevedra, sección especial, no ano 2011.




En doble recoñecemento, nesta cuarta recomendación deixámosvos o pasodoble Enrique Melio, do antigo profesor de clarinete da Escola Municipal de Música de Negreira, Simón Couceiro, interpretado pola nosa banda “veciña” a Banda de Música Municipal de Padrón, coa que compartiremos festival de banda tanto na súa terra como na nosa.




Para rematar, deixámosvos cunha das promesas dentro do ámbito de compositores galegos, Sergio Rodríguez Pena (Bandeira, 2000), e o seu Capriccio Galaico que a nosa Banda Ateneo de Negreira tivo ocasión de interpretar no seu día e que nesta ocasión interpreta a Banda Artística de Merza.


imaxe do compositor Sergio Rodríguez Pena


Non vos perdades estas recomendacións musicais perfectas para pasar o rato nestes días de confinamento.

Moito ánimo aos nosos alumnos, músicos da banda e familiares nestos días complicados e que veña música! 🎼🎵

53 vistas

ORDE do 30 de outubro de 2018 pola que se autoriza a inclusión da Escuela de Música Municipal de Negreira no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2.

Esta escola queda sometida ao réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993 e aos servizos de inspección correspondentes.

©2018 por Banana Hammock. 

CONTACTO

escolamusicanegreira@gmail.com

 

HORARIO

Luns - venres

16:00h - 22:00h

DIRECCIÓN

C/Carreira de San Mauro, 11, Negreira, 15830

  • Google + - círculo blanco
  • Facebook - círculo blanco